miércoles, 4 de julio de 2007

...onde todo comeza...

Comezo agora un pequeno diario dos meus pensamentos, neuras, ideas... non sei se escrito pra alguén ou pra min mesmo, sei que empeza hoxe, veremos cando remata

Gustariame que quen chegue eiqui, se sinta libre de deixa-la súa opinión

Hoxe, esta sendo un dia longo no choio, polo que aproveitarei para escoitar (as agachadas) algo de música, digo isto porque gustariame tamén que a música fora un tema recurrente nesta bitácora. De momento deixovos como recomendación o disco que estou a escoitar agora mesmo

Toxic Holocaust - Hell On Earth

Para min un gran descubrimento, unha banda que recolle o mellor de Thrash dos 80, macarra e cañeiro coma debe se-lo bon Thrash, temas rápidos, cheos de forza e que se che meten nos miolos sen darte conta.

Un saudo

No hay comentarios: