miércoles, 11 de julio de 2007

...gris...

(Incorporeime onte o traballo, pero debiodo a cantidade de choio non puiden postear)

A mañá está gris, e non fai unha calor abafante, parece incrible que sexa Xullo, pero a min encantame, non sei por que, pero dende sempre teño fascinación polos ceos grises.

Parece un ceo de pedra, pedra como a que da nome a esta bitácora, pedra como a da que se construen moitos soños que terminan escachados, pedra como a dos camiños que recorremos sen chegar a ningures...

Pedra...a pedra ten ialma, curtida por longas noites ó frio, curtida por miles de horas baixo a choiva, monolitos que resisten os séculos coma se fosen segundos...

Pedra sobre pedra o noso inconsciente crea unha realidade soñada pola que merece a pena loitar

Parece que hoxe estou algo melancólico, pero sen embargo sintome ben.

Recomendación de hoxe.

My Dying Bride - The Angel and The Dark River

Doom Metal británico, este disco pertence a súa época máis melancólica, temas petreos, monolíticos e cheos de tristura, unha boa sinfonía para o abandono de toda espranza

No hay comentarios: