O de onte foi unha merda...
Tocamos sen facer a proba de son, e cal foi a sorpresa o ver que a miña guitarra soaba case sen distorsión (un problema de masas parece ser) pasei case toda a actuación máis pendente de como soaba todo que de tocar e disfrutar, un concerto mediocre; debemoslle unha a toda esa xente.
Como parte positiva, a sorpresa que me deu unha amiga indome a ver (ainda que chegou tarde, o cal, visto o visto, non foi algo malo). Tamén destaca-los outros dous grupos que fixeron un gran concerto.
Recomendación de hoxe:
ICTUS - IMPERIVM
Deathcore muy cañeiro, os cabezas de cartel onte e moi boa xente, este disco é a sua obra máis recente, un tema de 40 min. con partes dende a loucura máis suicida ate ás partes máis lentas e susurrantes, unha obra de arte!. Oxalá teñan moita sorte na xira europea que comezaron onte, seguro que si.
viernes, 13 de julio de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario