Se hai algo co que non podo e cá calor pegañenta; onte tiven que viaxar a Barreiros por motivos de traballo, e facía sol!! Cando na Mariña Lucense vai bo tempo, é sinal de co cambio climático non é ningunha coña.
Hoxe presentase un día de calor, son as dez e media e xa empezo a estar incomodo; para combatir isto, voume administrar unha dose de Black Metal, frío e sinistro (é que eiqui no curro non temos aire acondicionado)
WATAIN - Rabid Death's Curse
Agora parece que van dar o salto a unha categoría máis mainstream (dentro do Black Metal claro está), pero este disco que fora o seu debut, ten todo o que o Black Metal underground debe ter, caña, forza, odio...transmite frío, transmite furia...creo que co tempo este disco será un clásico (se non o é xa). Non perdades a ocasión de escoitalo, tanto se sodes aficionados ó metal extremo ou non
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario