Tempo...tempo tras tempo, unha infinita liña en eterna curvatura, onde comeza? onde remata?
Día tras día, noite tras noite, e todo segue igual, a soidade fica xunto de un, a saudade que ameaza con entrar de novo sen chamar; e tan só necesito tempo...un pouco de tempo...pra rir, pra pensar, pra namorarme, pra sentirque estou vivo...
So un pouco de tempo pra esquecer un pouco o traballo...ou unha recortada pra mandalos a todos ó inferno!
Poida que pareza triste, pero so teño ganas dun ratiño pra min...
Hoxe:
Unha canción... OVERKILL - The End Of The Line. Do seu disco UNDER THE INFLUENCE; unha canción que fala disto, do tempo, do seu marchar infinito, da sua inmensidade
jueves, 26 de julio de 2007
viernes, 20 de julio de 2007
...soidade...
O que ten traballar nunha empresa coma esta é que limita moito a vida persoal; son tantas as horas que voto eiqui, que ós amigos case non os vexo, sinto que non teño vida; por eso días como hoxe non podo evitar sentir certa soidade
Hoxe a recomendación será o silencio; ou o ruido do vento o zoar nás árbores

miércoles, 18 de julio de 2007
...cando un pisa merda...
Vaia merda de semana e ido que só levo dous días (as miñas semanas van de martes a sábado); hoxe ó voltar dunha viaxe de traballo, o motor do meu Ibiza´90 dixo basta; parece ser que se fodeu unha válvula e so anda con 3 cilíndros; polo de agora ando con outro coche, esperemos que non sexa grave...
...por outra banda, no choio a bola de problemas seguese facendo máis e máis grande, cando revente eiqui vai arder Troya, veremos o que sucede, pero xa son moitos os clientes cabreados...
A recomendación...
OVERKILL - Feel The Fire
Un dos primeiros discos de Thrash, o debut desta banda, un dos expoñentes máis claros do estilo; teñen discos que me gustan máis, pero este soeme carga-las pilas os dias en que todo vai de cu

martes, 17 de julio de 2007
...ate os collóns!...
Hoxe comeza a miña semana, e xa estou vendo de novo como no curro anda todo igual, moitas promesas, planes de traballo maravillosos...pero nin unha soa acción, cada vez penso máis en mandalos a merda, eu non podo traballar nunha empresa con tan pouca seriedade, o fodido é que cun pouco de boa vontade isto iría vento en popa, pero en fin...xa se sabe como son os empresarios...
Un día destes presento a dimisión e que se apañen!
Recomendación de hoxe...
DEICIDE - Legion
Unha boa ración de Brutal Death Metal para afastá-la mala hostia, este é probablemente o seu mellor disco, escasamente media hora de maldade e satanismo concentrados, pura tralla ate que sanguen os oidos, a producción ainda non era moi boa, pero suficiente para realizar iste ritual impio chamado "Legion"; un clásico para todos aqueles que algunha vez se sentiron con ganas de matar :)

Etiquetas:
Brutal Death Metal,
Que se vaiana a merda,
un día destes...
viernes, 13 de julio de 2007
...merda!...
O de onte foi unha merda...
Tocamos sen facer a proba de son, e cal foi a sorpresa o ver que a miña guitarra soaba case sen distorsión (un problema de masas parece ser) pasei case toda a actuación máis pendente de como soaba todo que de tocar e disfrutar, un concerto mediocre; debemoslle unha a toda esa xente.
Como parte positiva, a sorpresa que me deu unha amiga indome a ver (ainda que chegou tarde, o cal, visto o visto, non foi algo malo). Tamén destaca-los outros dous grupos que fixeron un gran concerto.
Recomendación de hoxe:
ICTUS - IMPERIVM
Deathcore muy cañeiro, os cabezas de cartel onte e moi boa xente, este disco é a sua obra máis recente, un tema de 40 min. con partes dende a loucura máis suicida ate ás partes máis lentas e susurrantes, unha obra de arte!. Oxalá teñan moita sorte na xira europea que comezaron onte, seguro que si.

Deathcore,
mala noite,
merda,
merda e máis merda,
Thrash Metal
jueves, 12 de julio de 2007
...noite, suor e ruido...
Hoxe tocamos, non é que teña moita experiencia de concertos, pero a sensación de estar tocando co publico diante é indescriptible...
Só tocaremos 20 minutos porque somos 3 grupos a tocar, pero o bon disto é que só imos toca-lo máis cañeiro, vai ser unha ráfaga de Thrash corta pero intensa
Pra ir poñendome a tono escoitarei un clásico
KREATOR - Pleasure To Kill
Unha das pedras angulares do Thrash, moitisimo máis extremo que os seus colegas americanos, este disco foi unha influencia básica para os grupos de Death Metal; recomendado oir a máximo volume; so unha palabra, CAÑA

miércoles, 11 de julio de 2007
...gris...
(Incorporeime onte o traballo, pero debiodo a cantidade de choio non puiden postear)
A mañá está gris, e non fai unha calor abafante, parece incrible que sexa Xullo, pero a min encantame, non sei por que, pero dende sempre teño fascinación polos ceos grises.
Parece un ceo de pedra, pedra como a que da nome a esta bitácora, pedra como a da que se construen moitos soños que terminan escachados, pedra como a dos camiños que recorremos sen chegar a ningures...
Pedra...a pedra ten ialma, curtida por longas noites ó frio, curtida por miles de horas baixo a choiva, monolitos que resisten os séculos coma se fosen segundos...
Pedra sobre pedra o noso inconsciente crea unha realidade soñada pola que merece a pena loitar
Parece que hoxe estou algo melancólico, pero sen embargo sintome ben.
Recomendación de hoxe.
My Dying Bride - The Angel and The Dark River
Doom Metal británico, este disco pertence a súa época máis melancólica, temas petreos, monolíticos e cheos de tristura, unha boa sinfonía para o abandono de toda espranza

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)